lunes, 9 de octubre de 2017

REALIDADE VIRTUAL E STORYTELLING

REALIDADE VIRTUAL & STORYTELLING. A SEGUINTE XERACIÓN.

Queremos presentarvos o video resumo do proxecto co que participamos no V Premio GSD Innova e que se basea no uso da Realidade Virtual e a narración dixital. É un proxecto dirixido ao alumnado de diferentes aulas  de 3º a 6º de Educación Primaria do colexio e no que tamén participa o alumnado asistente ao CLUB de CÓDIGO.

Despois de visualizar o video na páxina de GSD Innova, se vos gustou, deixádenos un "me gusta" e se queredes un comentario. Tamén podedes compartilo nas vosas redes sociais para que chegue a máis xente.

Este é o enlace directo:

https://www.facebook.com/GSDInnova/posts/1720039188009028


Grazas!!