miércoles, 17 de mayo de 2017

Como facer un Escape Room virtual paso a paso

Un Escape Room é un xogo onde un personaxe principal ten que ir resolvendo enigmas e misterios para conseguir escapar dunha ou varias habitacións.

Usando a plataforma Cospaces creei unha versión do xogo de escapismo de moda. É unha versión sinxela, así que non esperedes grandes marabillas. A idea é que a partir do modelo creado polo profesor os alumnos fagan os seus propios xogos e historias animadas en CoSpaces

A plataforma CoSpaces ofrécenos un espazo para desenvolver a nosa imaxinación e creatividade. É unha plataforma gratuita na que podemos crear todo o que queremos en 3D. Construír historias animadas, crear xogos, deseñar e visitar museos virtuales,?A imaxinación e a creatividade é o noso límite.

CoSpaces permítenos non só crear fácilmente espazos inmersivos senón que tamén mergullarnos neles en 360 ° en calquera pantalla ou en modo RV no dispositivo móbil.

CoSpaces agregou a habilidade de codificar en javascript e, máis recientemente, introduciron a programación con Blocky, un editor de programación gráfica baseado na web. Agora podemos arrastrar bloques a un escritorio e configurar un script. Ao activar o obxecto poderemos ver o código en acción. 

Alumnado ao que se dirixe: alumnos e alumnas de 4º de primaria

Áreas que se traballan: Sociais, Linguas e Expresión plástica.

Agrupamientos: Os alumnos traballarán en parellas para realizar o proxecto. Haberá sesións de gran grupo para presentar o reto e analizar os resultados.

Tempo dedicado: 6 sesións. A primeira de presentación do proxecto é un  barullo de ideas para decidir cal será o punto de partida de cada parella. As sesións 2,3,4 e 5 serán para crear a historia e a última sesión de exposición de resultados e avaliación por medio dun formulario.

Rúbrica: compartirase ao comezo para que cada parella saiba que calidades debe ter a súa historia para recibir unha nota ou outra. 

Argumento: calquera xogo ten detrás unha historia e este que vos mostro, tamén. Trátase dunha historia que para resolvela hai que pasar determinadas probas. Os protagonistas chegan a unha casa co propósito de celebrar unha festa pero o que atopan é unha habitación pechada baixo sete chaves e na que un pergamino colgado na parede dálles a benvida e as instrucións básicas. A partir de aí o espectador terá que axudar ao grupo a resolver os retos e conseguir as chaves que abrirán a porta.

A narración digital está creada en lingua galega xa que está pensada para usar en clase e reforzar contidos apresos relacionados coas áreas antes citadas.

Consta de 12 espazos que vos mostro a continuación para que non vos perdades detalle.
  1. Presentación dos personaxes
  2. Chegada ao interior. Lectura do pergamino. Presentación do primeiro reto
  3. Pantalla á que redirige si a resposta é incorrecta
  4. Pantalla á que redirige si a resposta é correcta
  5. Reto 2

  1. Pantalla á que redirige se a resposta é incorrecta
  2. Pantalla á que redirige se a resposta é correcta
  3. Reto 3
  4. Pantalla á que redirige se a resposta é incorrecta
  5. Pantalla á que redirige se a resposta é correcta
  1. Recompensa. Consecución das tres chaves. Decisión final
  2. Reto superado

Para ver o proxecto podes descargar a aplicación CoSpaces 

e presionar no  seguinte link.



Se queres vivir unha experiencia inmersiva usa unhas gafas de Realidade Virtual




No hay comentarios:

Publicar un comentario