lunes, 30 de enero de 2017

Día da Paz co Homiño de Papel en RV



Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993. Nesta data recórdase a necesidade da educación para a tolerancia, a solidariedade, o respecto aos Dereitos Humanos, a non violencia e a paz.

O lema deste día é: 'amor universal, non-violencia e paz. O amor universal é mellor que o egoísmo, a non-violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor que a guerra'.

Esta é a nosa achega para conmemorar ese día. Quixemos (re)contar a historia do Homiño de papel en Realidade Virtual grazas á Plataforma CoSpaces.



Así o fixemos:
  • Lectura do conto e visualización do video na pantalla dixital
  • Dramatización do conto. Asignación de papeis. 
  • Creación de homiños de papel  coa aplicación Paper 53, editámolas con Eraser para sacarlles o fondo e gardamos as imaxes na galería do iPad, (Logo serviríanos para usalo en CoSpaces)
  • Abrimos CoSpaces no navegador e empezamos a crear os espazos. A cada espazo lle asignamos un audio que vai contando a historia. 

  • Primeiro espazo: presentación dos personaxes e do Homiño de Papel. 



  •  No segundo espazo, tanto a protagonista como o Homiño van ao parque a xogar cos demais nenos.
  • No terceiro espazo, o homiño séntese mal e alónxase do grupo. Ten unha idea. 


  • No cuarto e quinto espazo, o homiño debe resolver o pequeno conflito que lle xurdiu.

  • Finalmente no desenlace o homiño consigue volver a desfrutar cos nenos e nenas.

Para ver o proxecto, tamén, podes descargar a aplicación CoSpaces 
IOS  -   ANDROID

e premer no seguinte link.


Se queres vivir unha experiencia inmersiva co homiño, non esquezas usar unhas lentes de Realidade Virtual



No hay comentarios:

Publicar un comentario