lunes, 19 de mayo de 2014

AUMENTAME 2014

Presentaciones llevadas al congreso de REALIDAD AUMENTADA celebrado en Granada el 17 de mayo de 2014.

AURASMA, haciendo REALIDAD LA LECTURA


Si quieres ver los trabajos realizados con Aurasma debes hacerte seguidor de nuestro canal AURASMA. Para ello puedes escanear el siguiente código QR.
Canal Aurasma CEIP Ponte dos Brozos

LA PREHISTORIA Y LA ÉPOCA DE LOS CASTROS EN REALIDAD AUMENTADA

martes, 13 de mayo de 2014

SKYPE cos creadores de Chromville


Nunha entrada anterior xa comentabamos que tiñamos previsto unha videoconferencia a través de Skype cos creadores da app Chromville. Despois de participar no concurso de relato, e de colorear e dar vida aos diferentes mundos da aplicación, xa queriamos  coñecer aos  seus creadores.




Levámonos unha gran sorpresa!!
  • Son moi novos
  • Son de Zaragoza
  • E cada un adícase a unha cousa na empresa,  pero estudaron enxeñería....

A que nos soará a nós iso de querer ser enxeñeiros e non príncipes nin princesiñas??

Queredes ver os videos do Skype que levamos a cabo o pasado venres pola mañá??







domingo, 11 de mayo de 2014

UN DÍA PERFECTO DE CIENCIA NA RÚA

Este sábado, os nenos de nenas de 3º B, 3º D e 4º E do Ceip Ponte dos Brozos participamos co proxecto FARMACIA NATURAL, organizado por educaBarrié a canle educativa da Fundación Barrié,  no día da Ciencia na Rúa. Estivemos na jaima de educaBarrié e alí ensinámoslle a todos os que nos preguntaban como ía o noso proxecto. Agradecemos a educaBarrié que nos dera a oportunidade de participar e a Patricia e a Pedro  a súa amabilidades e a boa acollida que nos ofreceron durante toda a xornada.


QUE FOI O QUE LEVAMOS PARA MOSTRAR AO PÚBLICO?
  • Levamos as plantas 
  • Tamén  un par de IPADS para facer a identificación a través dos códigos QR
  • Moitos traballos sobre plantas medicinais que temos nas nosas casas
  • Aceite de Romeiro, que resultou ser unha das grandes atraccións!! 
  • E moitas ganas de ensinar o noso traballo e pasalo ben!!! 



Por si non pasaches polo Parque de Santa Margarita, e non te achegaches a ver como se fai o aceite de romeiro... aqui tes a receita e tamén os seus usos medicinais.

Ingredientes do ACEITE DE ROMEIRO: 

 alcol de 96º,romeu en flor (preferiblemente).

Xeito de facer: 

 Botar o romeiro(enteiro ou ben follas,flores e talo)nun envase de vidro.È mellor utilizar a planta en flor,xa que así está no seu mellor momento. Engadir o alcol de farmacia e cerrar ben o envase. Deixar macerar durante 15 días axitándoo a diario.
Unha vez trancurrido o tempo de maceración filtrar o alcol, gardalo nun sitio fresco e en envase escuro e ben cerrado, para protexelo da luz e da calor.

Usos:
O alcol de romeiro é só para usos externos e está indicado nos seguintes casos:

-contusións e golpes (que non sanguen)
-dores musculares, articulares, reumáticos, lumbares… e para dar masaxes tonificantes.
-trastornos da circulación (pesadez de pernas, varices …)
-anticelulítico



A profe Mónica creou un video coas imaxes de todos os momentos importantes desde que comezou o proxecto e podes velo aqui. Esperamos que che guste!!





Grazas a tod@s por participar e ás familias, GRAZAS,  por colaborar e permitirnos desfrutar  da ciencia en compañía dos vosos fill@s!!

jueves, 8 de mayo de 2014

CHROMVILLE

Acabamos de enviar os nosos contos ao concurso de CHROMVILLE, a aplicacioón que fai que os nosos debuxos cobren vida grazas ao poder das CORES. É unha aplicación gratuita, dispoñible tanto para dispositivos ANDROID como IOS. O funcionamento é moi sinxelo: só hai que colorear unhas láminas (WEB), ter descargada a app e darlle ao PLAY. Deseguida, os debuxos cobrarán vida!!!

Ahí tes unha pequena mostra...







miércoles, 7 de mayo de 2014

UN MUNDO ARREDOR DE HOPSCOTCH

Hoxe estivemos traballando na clase cunha nova app (SCRIBBLE PRESS) coa que podemos debuxar e crear libros dixitais nos que contamos historias. De momento para familiarizarnos coa app, só creamos paisaxes nas que os protagonistas eran os nosos amigos de HOPSCOTCH.

A creatividade comezou a xurdir e uns fixemos paisaxes marinas con terribles sucesos, outros debuxamos noites estreladas baixo as que os namorados contemplaban as estrelas, outros piratas en busca de tesouros, tormentas en alta mar,..


Aquí podes ver algunhas das que fixemos. A partir destas imaxes, outro día completaremos as historias. Foi un gran descubrimento esa app!!

lunes, 5 de mayo de 2014

TES ALGUNHA PLANTA MEDICINAL NA CASA?

Este foi un dos retos formulados para investigar nas nosas casas. Ao principio pareceunos que non,...pero logo foron aparecendo un montón de plantas medicinais na casa. E non todas estaban vivas!!!
A semana pasada fixemos un traballo de investigación sobre as plantas que tiñamos nas casas. Quedaron moi bonitos porque o alumnado de 3º puxo moito empeño e cando traballamos ben, as cousas saen!

Mirade que ben nos quedaron algúns traballos. Outros témolos no colexio nunha exposición. Pronto vos poñeremos fotos deles.

 
Uxía otero Ríos. Plantas Medicinais

domingo, 4 de mayo de 2014

A FARMACIA NATURAL

Desde hai unhas semanas estamos a participar nunha actividade organizada pola Fundación Barrié- educaBarrié- chamada Farmacia natural.

Que é a Farmacia Natural?

O proxecto é unha iniciativa de educaBarrié, a canle de comunicación da Fundación Barrié coa comunidade educativa e conta coa colaboración e asesoramiento dos científicos do HerbarioSANT, o Herbario da Universidade de Santiago de Compostela. 25 centros educativos de toda Galicia participarán durante este ano no proxecto A Farmacia Natural.

En que consiste a experiencia?

A Farmacia Natural proporciona todos os materiais e información necesaria para que os alumnos elaboren no aula o seu propio horto medicinal.

Os alumnos identificarán cada unha das plantas cultivadas cun código QR que dará acceso a fichas online de descrición botánica, así como das propiedades medicinales de cada unha das especies que compoñen a experiencia.

En paralelo, a través da web educaBarrié (www.educabarrie.org), os centros educativos e alumnos participantes na experiencia terán á súa disposición unha plataforma online na que atoparán todas a fichas descriptivas das especies cultivadas así como os seus principios activos, propiedades medicinais ou curiosidades asociadas, así como ferramentas online para introducir os seus comentarios, preguntas ou fotografías das súas propias plantas.

Etapas:

  • Cultivo, coidado e mantemento vexetal.
  • Identificación botánica das especies utilizadas.
  • Aprendizaxe de Información xeral e de propiedades medicinais.


Que recibiremos

O Kit educativo: A Farmacia Natural. Cada un dos centros participantes en A Farmacia Natural recibirá de xeito gratuita un kit educativo composto polos seguintes materiais: 

  • 25 sementes de diferentes plantas medicinais.
  • 25 macetas e turba desecada para o cultivo.
  • 25 banderillas identificativas con códigos QR que dan acceso online á información de cada unha das plantas medicinais cultivadas.


Instrucións con soporte teórico e actividades didácticas a desenvolver en paralelo á experimentación, orientacións metodolóxicas e integración na programación da aula.
Outros Materiais didácticos e actividades paralelas

Os centros participantes dispoñerán de acceso ao blog A Farmacia Natural coas fichas botánicas e de información medicinal das 25 plantas cultivadas e formularios interactivos para a formulación de preguntas, o envío de fotografías da experiencia no centro, etc.

Durante todo o proceso experimental, os profesores e alumnos participantes na actividade poderán contar coa axuda e asesoramiento do equipo didáctico de educaBarrié.

Durante a duración da experiencia levaranse a cabo diversos talleres para o alumnado e masterclass para o profesorado co obxectivo de cumprimentar os seus coñecementos botánicos e sobre o uso medicinal das plantas, dun modo ameno e didáctico.

Obxectivos da experiencia

Nunha sociedade que busca mellorar na calidade de vida, a medicina natural é tradicionalmente un complemento que nos pode axudar a vivir mellor.

Ademais, este tipo de medicina gañou apoios nos últimos anos e actualmente un de cada tres europeos recorre aos principios activos vegetales para a solución de pequenos problemas médicos e/ou o mantemento dun estado fisiolóxico saudable.

Obxectivos básicos do programa:

  • Contribuír a mellorar os procesos de ensino e aprendizaxe das plantas e o seu uso no ámbito medicinal
  • Achegar ás aulas a investigación e a forma de traballar propia da ciencia contribuíndo a espertar vocacións científicas entre o alumnado.


Obxectivos didácticos de Farmacia Natural:


  • Familiarizarse co cultivo e identificación botánica de especies vegetales.
  • Incrementar os coñecementos do alumnado sobre o uso medicinal das plantas cultivadas.
  • Coñecer, a través dos talleres paralelos e da man de investigadores no área, cales son as investigacións actuais en botánica e na aplicación medicinal de principios activos vexetais.
  • Familiarizarse cos procesos de investigación incluídos no método científico e fomentar as novas vocacións investigadoras.

jueves, 1 de mayo de 2014

CHROMVILLE. As historias de GREENVILLE

HISTORIAS DE CHROMVILLE


Chromville é unha App de Realidade Aumentada na que os teus debuxos cobran vida. Só tes que descargar a App, que é de balde na  Apple Store ou en Google Play, colorear os debuxos que se  proporcionan (NA WEB ) e grazas ao Ipad, teléfono ou outro dispositivo móbil poderás descubrir novos mundos en 3D.




Esta é a historia de CHROMVILLE.

O antigo mundo de Chromville é ben coñecido porque a súa fonte de poder reside na COR. Está nunha galaxia moi lonxana e ten alomenos 5 vilas: Firecity, Stonetown, Greenland, Waterville y Cloudskingdom. Os seus habitantes son os  chromers. Eles viven tranquilos nas súas coloridas vilas....SEN EMBARGO... a cor do planeta está desaparecendo misteriosamente nalgunhas rexións!!! Polo tanto, as vilas están perdendo a súa fonte de enerxía. 

A túa misión é axudar aos CHROMERS a descubrir e resolver ese misterio. Por que está sucedendo? Pintando e xogando cos teus amigos e familiares poderás ir descifrando os misterios desta aventura interactiva.


CONCURSO DE NARRATIVA E CONCURSO DE NOME SOBRE GREENLAND

OBXECTO

- Concurso de Narrativa : todos os que participen no concurso deben escribir sobre unha fantástica aventura con rapazas de Greenland como  personaxes principais.
- Concurso de Nomes : Crear un nome ficticio para unha das chromers.

PARTICIPANTES
Categorías:
Nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria ( idades 6-9 )
Nenos e nenas de cuarto e quinto de Educación Primaria  ( idades 9-11)

Termos e condicións:

- A lonxitude máxima da historia será  de 2 páxinas tamaño A4.
- A historia debe ser orixinal e escrita polo concursante.
- Todos os traballos deben ser identificados con nome, apelido e data de nacemiento do concursante.
- Todos os traballos deben especificar o nome da moza de Greenland, co fin de participar no Concurso de Nome.
- Cada concursante poderá enviar un máximo de 1 historia basada na moza de Greenland e 3 nomes diferentes.
- As historias deben ser escritas en CASTELÁN.
- Os representantes legais dos concursantes deben asinar un  formulario de consentimento.
- As historias escribiranse preferiblemente a ordenador en formato .doc.

DATA LÍMITE para traer á escola: 5 maio de 2014


ÁNIMO E A PARTICIPAR!!!