domingo, 23 de febrero de 2014

CODING IN ARTEIXO. O ENTROIDO XA ESTÁ AQUI, CODIFICADORES!!!


Mr Moustache ten unha proposta que facervos. Nesta semana que vai empezar, quere dar unha sorpresa aos seus colegas de HOPSCOTCH. Anímaste a axudalo? Escoita e verás...


Pois Mr Moustache quere facer unha máscara de entroido. Propoñémosvos varios modelos típicos en Galicia. A ver se das...


E aqui tes un primeiro proxecto de máscara de entroido. Preme na foto se queres ver o proxecto en HOPSCOTCH ou na WEB.

https://community.gethopscotch.com/projects/entroido-mascara-awlb6uacps-y-ifubsu1xq


A miña máscara













domingo, 16 de febrero de 2014

CODING IN ARTEIXO... PROXECTO DA SEMANA

Ola!! Nesta semana que imos comenzar temos un reto complicado ao que facerlle fronte. Se queres saber cal é escoita a OSO...


Pois xa temos un anuncio rematado!!! Nesta semana, Claudia estivo moi rápida e montou un anuncio sobre un BOLI MÁXICO. O BOLIMAN!!!
Queres ver o seu anuncio?? Ahí vai...

https://community.gethopscotch.com/projects/anuncio--xcr7x6omqpgr2anccexsww

Ao mellor prefires probar unha PIRULETA de sabores?? TEO, ofrécecha!!!A ver se che gusta...

https://community.gethopscotch.com/projects/anuncio--by-zi2mlk3ngdw7lmr-n5w

O seu eslogán é:

Se tantos sabores queres probar...
Esta piruleta as de mercar!!
                                      TEO     3º E

PREME nas imaxes para ver os proxectos.

jueves, 13 de febrero de 2014

CODING IN ARTEIXO....PROXECTO DA SEMANA

Programando con HOPSCOTCH!!! Escoita e descubrirás a que PROXECTO nos enfrontamos esta semana. Axiña poderás ver os resultados....



Veña! A DESEÑAR LOGOS!!! Imos a intentalo... a ver que sae... 

Pois aquí estan os nosos primeiros logos. PREME na imaxe para velos na WEB ou para poder velos a través do teu IPAD na aplicación HOPSCOTCH.


TEO

https://community.gethopscotch.com/projects/logo--cuk-c-wvkfi-y5ftaz11mg

LUCAS 3º E
https://community.gethopscotch.com/projects/espiral--kxen4wryawgnrw9vkqwow
HUGO TOJA



domingo, 9 de febrero de 2014

PROXECTO... CODING IN ARTEIXO

Seguimos a traballar cos IPADS e coas aplicacións de codificar que tanto nos gustan.
Entre elas, HOPSCOTCH.
Esta semana estivemos resolvendo retos.

En que consisten os RETOS? Pois, tratar de conseguir colocando os bloques apropiados unha figura xeométrica, unha forma, un obxecto,.. Primeiro pensamos que queremos facer, como podemos logralo e con que bloques. Comprobamos e grazas ao feedback inmediato da aplicación podemos reconducir a nosa panificación.

Na mesma pantalla tratamos de conseguir cantos máis retos, mellor. Aqui tes os de Uxía Vecino

 

E aqui os  de Lucas. Moi ben, Lucas, escribindo o nome das figuras que conseguiches!!!


Unha vez que imos superando retos, propoñémonos pasar a PROXECTOS de máis dificultade. Nestas semanas pasadas deseñamos unha postal de nadal, como xa vos ensinamos noutra ENTRADA. Agora tratamos de escribir o noso nome

 Temos os primeiros deseños da man de TEO e HUGO TOJA.  PREME  nos nomes ou nas imaxes se queres ver os proxectos na web.


https://community.gethopscotch.com/projects/sin-ttulo-remezclar-po-aj4xrvryryys6igpuiq

https://community.gethopscotch.com/projects/nombre-remezclar-in1v6btnmm69g0uxoojx-g