lunes, 8 de diciembre de 2014

NATALIA, DE 4ºE FINALISTA NA CIENCIA QUE CONTA. BRAVO!!!


A Ciencia Que Conta é un concurso de relatos curtos relacionados coa ciencia. Organiza o grupo Divulgatia da Universidade de Vigo e colabora a Fundación Barrié, educaBarrié e a Xunta de Galicia. 

Os relatos non pretenden ser relatos de ciencia ficción nin artigos sobre ciencia nin meras descricións. Procúrase que –en función da idade-se desenvolva un relato curto ou conto a partir dun aspecto científico puntual ou da observación dalgún fenómeno ou experimento simple. Valorarase sobre todo a calidade do traballo e o acerto no contido científico.Os temas a desenvolver nos relatos poderían ter como punto de partida:

  • Historias de Ciencia: como se inventou algo, como se solucionou algún problema que había na sociedade utilizando a ciencia, un descubrimento, etc.
  • Traballo no laboratorio ou científico: cousas que pasan nun laboratorio, no traballo dun científico ou científica, nas exploracións da natureza, etc.
  • Experiencias: ficcións arredor de experiencias simples (ou caseiras), observacións da nosa vida cotiá (na rúa, na cociña, na praia, na festa, nas atraccións de feira, etc.).
  • Científicos e científicas: baseado en algún persoeiro científico, algún detalle da súa vida, algunha anécdota, como fixo algún descubrimento, como se lle ocurriu ou elaborou algunha teoría ou lei. Non debe ser unha mera descrición da súa vida. Valoraranse relatos que inclúan mulleres como protagonistas ou arredor de historias de mulleres.
  • Na web: http://www.cienciaqueconta.com pódense ler as publicacións resultantes dos concursos anteriores.
Pois Natalia Santos Allegue escribiu un xenial relato sobre a metamorfose e o xurado estimou que debía estar entre os finalistas. Parabéns, Natalia.!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada