martes, 9 de diciembre de 2014

HORA DO CÓDIGO no cole

Mañá é o día escollido para participar na hora do código. Evento de carácter mundial que pretende achegar aos rapaces e rapazas e aos non tan rapaces a ciencia da computación e da programación. 

Que é a Hora do Código?

A Hora do Código é unha introdución dunha hora á ciencia computacional, deseñada para desmitificar a programación e demostrar que calquera pode aprender os conceptos básicos.

O obxectivo desta campaña popular é que decenas de millóns de estudantes proben "Unha hora de programación" entre o 8 e o 14 de decembro de 2014, en celebración da Semana da Educación das Ciencias Computacionais.

Cada estudante debe ter a oportunidade de aprender ciencias computacionais. Axuda a fomentar as habilidades de resolución de problemas, a lóxica e a creatividade. Ao introducilos cedo nas ciencias computacionais, terán unha base para o éxito en calquera carreira do século XXI.

A Hora do Código está organizada por Code.org, unha organización pública sen fins de lucro dedicada a ampliar a participación en Ciencias Computacionais e aumentando a participación das mulleres.

Apoian a Hora do Código empresas como Microsoft, Apple, Amazon, entre outras.


Nós xa estivemos practicando para mañá...


No hay comentarios:

Publicar un comentario