jueves, 25 de septiembre de 2014

VII Congreso de Educación matemática de AGAPEMA

O VII Congreso de Educación matemática de AGAPEMA celébrase na Facultade de Matemáticas de Santiago os  días 26 e 27 de setembro de 2014. Un ano máis pretenden desde a organización que esta actividade se converta nun foro  de presentación dos traballos e iniciativas máis salientables realizados en Galicia no eido da educación matemática.

O Ceip Ponte dos Brozos estará presente cunha comunicación sobre  xeometría e programación. Presentaremos os traballos realizados no curso pasado en 3º de primaria coa APP HOPSCOTCH. No programa  podes ver toda a información, lugar, hora, etc.

Esta é a presentación que imos levar ao congreso. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario