miércoles, 7 de mayo de 2014

UN MUNDO ARREDOR DE HOPSCOTCH

Hoxe estivemos traballando na clase cunha nova app (SCRIBBLE PRESS) coa que podemos debuxar e crear libros dixitais nos que contamos historias. De momento para familiarizarnos coa app, só creamos paisaxes nas que os protagonistas eran os nosos amigos de HOPSCOTCH.

A creatividade comezou a xurdir e uns fixemos paisaxes marinas con terribles sucesos, outros debuxamos noites estreladas baixo as que os namorados contemplaban as estrelas, outros piratas en busca de tesouros, tormentas en alta mar,..


Aquí podes ver algunhas das que fixemos. A partir destas imaxes, outro día completaremos as historias. Foi un gran descubrimento esa app!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada