domingo, 11 de mayo de 2014

UN DÍA PERFECTO DE CIENCIA NA RÚA

Este sábado, os nenos de nenas de 3º B, 3º D e 4º E do Ceip Ponte dos Brozos participamos co proxecto FARMACIA NATURAL, organizado por educaBarrié a canle educativa da Fundación Barrié,  no día da Ciencia na Rúa. Estivemos na jaima de educaBarrié e alí ensinámoslle a todos os que nos preguntaban como ía o noso proxecto. Agradecemos a educaBarrié que nos dera a oportunidade de participar e a Patricia e a Pedro  a súa amabilidades e a boa acollida que nos ofreceron durante toda a xornada.


QUE FOI O QUE LEVAMOS PARA MOSTRAR AO PÚBLICO?
  • Levamos as plantas 
  • Tamén  un par de IPADS para facer a identificación a través dos códigos QR
  • Moitos traballos sobre plantas medicinais que temos nas nosas casas
  • Aceite de Romeiro, que resultou ser unha das grandes atraccións!! 
  • E moitas ganas de ensinar o noso traballo e pasalo ben!!! 



Por si non pasaches polo Parque de Santa Margarita, e non te achegaches a ver como se fai o aceite de romeiro... aqui tes a receita e tamén os seus usos medicinais.

Ingredientes do ACEITE DE ROMEIRO: 

 alcol de 96º,romeu en flor (preferiblemente).

Xeito de facer: 

 Botar o romeiro(enteiro ou ben follas,flores e talo)nun envase de vidro.È mellor utilizar a planta en flor,xa que así está no seu mellor momento. Engadir o alcol de farmacia e cerrar ben o envase. Deixar macerar durante 15 días axitándoo a diario.
Unha vez trancurrido o tempo de maceración filtrar o alcol, gardalo nun sitio fresco e en envase escuro e ben cerrado, para protexelo da luz e da calor.

Usos:
O alcol de romeiro é só para usos externos e está indicado nos seguintes casos:

-contusións e golpes (que non sanguen)
-dores musculares, articulares, reumáticos, lumbares… e para dar masaxes tonificantes.
-trastornos da circulación (pesadez de pernas, varices …)
-anticelulítico



A profe Mónica creou un video coas imaxes de todos os momentos importantes desde que comezou o proxecto e podes velo aqui. Esperamos que che guste!!





Grazas a tod@s por participar e ás familias, GRAZAS,  por colaborar e permitirnos desfrutar  da ciencia en compañía dos vosos fill@s!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario