jueves, 1 de mayo de 2014

CHROMVILLE. As historias de GREENVILLE

HISTORIAS DE CHROMVILLE


Chromville é unha App de Realidade Aumentada na que os teus debuxos cobran vida. Só tes que descargar a App, que é de balde na  Apple Store ou en Google Play, colorear os debuxos que se  proporcionan (NA WEB ) e grazas ao Ipad, teléfono ou outro dispositivo móbil poderás descubrir novos mundos en 3D.




Esta é a historia de CHROMVILLE.

O antigo mundo de Chromville é ben coñecido porque a súa fonte de poder reside na COR. Está nunha galaxia moi lonxana e ten alomenos 5 vilas: Firecity, Stonetown, Greenland, Waterville y Cloudskingdom. Os seus habitantes son os  chromers. Eles viven tranquilos nas súas coloridas vilas....SEN EMBARGO... a cor do planeta está desaparecendo misteriosamente nalgunhas rexións!!! Polo tanto, as vilas están perdendo a súa fonte de enerxía. 

A túa misión é axudar aos CHROMERS a descubrir e resolver ese misterio. Por que está sucedendo? Pintando e xogando cos teus amigos e familiares poderás ir descifrando os misterios desta aventura interactiva.


CONCURSO DE NARRATIVA E CONCURSO DE NOME SOBRE GREENLAND

OBXECTO

- Concurso de Narrativa : todos os que participen no concurso deben escribir sobre unha fantástica aventura con rapazas de Greenland como  personaxes principais.
- Concurso de Nomes : Crear un nome ficticio para unha das chromers.

PARTICIPANTES
Categorías:
Nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria ( idades 6-9 )
Nenos e nenas de cuarto e quinto de Educación Primaria  ( idades 9-11)

Termos e condicións:

- A lonxitude máxima da historia será  de 2 páxinas tamaño A4.
- A historia debe ser orixinal e escrita polo concursante.
- Todos os traballos deben ser identificados con nome, apelido e data de nacemiento do concursante.
- Todos os traballos deben especificar o nome da moza de Greenland, co fin de participar no Concurso de Nome.
- Cada concursante poderá enviar un máximo de 1 historia basada na moza de Greenland e 3 nomes diferentes.
- As historias deben ser escritas en CASTELÁN.
- Os representantes legais dos concursantes deben asinar un  formulario de consentimento.
- As historias escribiranse preferiblemente a ordenador en formato .doc.

DATA LÍMITE para traer á escola: 5 maio de 2014


ÁNIMO E A PARTICIPAR!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada