domingo, 4 de mayo de 2014

A FARMACIA NATURAL

Desde hai unhas semanas estamos a participar nunha actividade organizada pola Fundación Barrié- educaBarrié- chamada Farmacia natural.

Que é a Farmacia Natural?

O proxecto é unha iniciativa de educaBarrié, a canle de comunicación da Fundación Barrié coa comunidade educativa e conta coa colaboración e asesoramiento dos científicos do HerbarioSANT, o Herbario da Universidade de Santiago de Compostela. 25 centros educativos de toda Galicia participarán durante este ano no proxecto A Farmacia Natural.

En que consiste a experiencia?

A Farmacia Natural proporciona todos os materiais e información necesaria para que os alumnos elaboren no aula o seu propio horto medicinal.

Os alumnos identificarán cada unha das plantas cultivadas cun código QR que dará acceso a fichas online de descrición botánica, así como das propiedades medicinales de cada unha das especies que compoñen a experiencia.

En paralelo, a través da web educaBarrié (www.educabarrie.org), os centros educativos e alumnos participantes na experiencia terán á súa disposición unha plataforma online na que atoparán todas a fichas descriptivas das especies cultivadas así como os seus principios activos, propiedades medicinais ou curiosidades asociadas, así como ferramentas online para introducir os seus comentarios, preguntas ou fotografías das súas propias plantas.

Etapas:

  • Cultivo, coidado e mantemento vexetal.
  • Identificación botánica das especies utilizadas.
  • Aprendizaxe de Información xeral e de propiedades medicinais.


Que recibiremos

O Kit educativo: A Farmacia Natural. Cada un dos centros participantes en A Farmacia Natural recibirá de xeito gratuita un kit educativo composto polos seguintes materiais: 

  • 25 sementes de diferentes plantas medicinais.
  • 25 macetas e turba desecada para o cultivo.
  • 25 banderillas identificativas con códigos QR que dan acceso online á información de cada unha das plantas medicinais cultivadas.


Instrucións con soporte teórico e actividades didácticas a desenvolver en paralelo á experimentación, orientacións metodolóxicas e integración na programación da aula.
Outros Materiais didácticos e actividades paralelas

Os centros participantes dispoñerán de acceso ao blog A Farmacia Natural coas fichas botánicas e de información medicinal das 25 plantas cultivadas e formularios interactivos para a formulación de preguntas, o envío de fotografías da experiencia no centro, etc.

Durante todo o proceso experimental, os profesores e alumnos participantes na actividade poderán contar coa axuda e asesoramiento do equipo didáctico de educaBarrié.

Durante a duración da experiencia levaranse a cabo diversos talleres para o alumnado e masterclass para o profesorado co obxectivo de cumprimentar os seus coñecementos botánicos e sobre o uso medicinal das plantas, dun modo ameno e didáctico.

Obxectivos da experiencia

Nunha sociedade que busca mellorar na calidade de vida, a medicina natural é tradicionalmente un complemento que nos pode axudar a vivir mellor.

Ademais, este tipo de medicina gañou apoios nos últimos anos e actualmente un de cada tres europeos recorre aos principios activos vegetales para a solución de pequenos problemas médicos e/ou o mantemento dun estado fisiolóxico saudable.

Obxectivos básicos do programa:

  • Contribuír a mellorar os procesos de ensino e aprendizaxe das plantas e o seu uso no ámbito medicinal
  • Achegar ás aulas a investigación e a forma de traballar propia da ciencia contribuíndo a espertar vocacións científicas entre o alumnado.


Obxectivos didácticos de Farmacia Natural:


  • Familiarizarse co cultivo e identificación botánica de especies vegetales.
  • Incrementar os coñecementos do alumnado sobre o uso medicinal das plantas cultivadas.
  • Coñecer, a través dos talleres paralelos e da man de investigadores no área, cales son as investigacións actuais en botánica e na aplicación medicinal de principios activos vexetais.
  • Familiarizarse cos procesos de investigación incluídos no método científico e fomentar as novas vocacións investigadoras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario