viernes, 4 de abril de 2014

Un artista en la escuela. O conflito dramático no universo

Hoxe tivemos a gran sorte de contar con Estibaliz Veiga, unha grande actriz galega que grazas á experiencia na que participamos organizada pola Fundación Barrié, a través de educaBarrié, veu ao colexio a explicarnos como son as cousas aló polo sistema solar.

O título da experiencia é O CONFLITO DRAMÁTICO NO UNIVERSO e nela a través de xogos e diversas técnicas teatrais o alumnado traballou as emocións, o silencio no espazo e conceptos como a rotación e a translación.


Tivemos oportunidade de converternos en planetas, estrelas, satélites e contar  e demostrar como se sinten no universo. Isto fixémolo cunhas lanternas que proxectábamos contra o teito e mostrábamos aos demais como nos sentíamos (sendo cada un o que nos tocara: planeta, satélite, estrela,...)

Amais, interpretamos situacións reais para  exemplificar a rotación e a translación. Foi moi divertido ver como o "garda" da rotonda non podía con dous "coches" que se empeñaban en xirar e xirar arredor dela.

Despois fomos a unha sala de cine na que un "grande- forte- alto- enoooorme espectador" non deixaba ver ás persoas sentadas detrás.  Que incomodidade ter que botar de ali a esa persoa ou intentar que se movera!!!

Isto non foi todo. Logo convertímonos en Lúa e tivemos que facerlle unha declaración ás ondas do mar. Foi moi divertido.

Se queres podes ver este video no que che mostramos as imaxes máis destacadas da xornada. Mira para as nosas caras!! ENCANTOUNOS!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada