martes, 8 de abril de 2014

HOMENAXE A JUAN RAMÓN JIMÉNEZ

Agora que estamos a celebrar o centenario da publicación de "Platero y yo" do gran escritor Juan Ramón Jiménez, as nenas e nenos de 3º E queremoslle facer unha pequena homenaxe. Para iso imos facer unhas adaptacións da brillante descripción de PLATERO coa que comeza o libro. Imos empregar aos personaxes de HOPSCOTCH como mascotas. A ver que tal nos sae...

AINARA xa se atreveu. Esta é a súa descrición de OSO

Oso e eu


Oso é grande, peludo e moi suave.  É marrón coma os meus ollos e o meu pelo. É moi  brandiño como se non  tivese ósos.

Cando quere comer, avisa, e eu soltoo, e roza o nariz contra as
colmeas de abellas que ocupan case toda a horta da avoa. Xoga coas  flores que son violetas e amarelas cando anda solto polos prados cheos de verdes cobertores de floriñas silvestres.

Come mel,  e non come outra cousa.  Claro, é un oso.
Cando vou á vila, el  ven conmigo á feira, e asústase moito dos tendeiros que berran anunciando as súas mercadorías.

 Gústanlle as apertas, e os mimos.

O meu amigo Oso é así.

Ainara Uzal Rioboo

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada