martes, 14 de enero de 2014

PORTAL DAS PALABRAS. POEMAS DIAMANTE

UNHA PALABRA, UN DIAMANTE

http://www.portaldaspalabras.org/
Hoxe os nenos e nenas de 3º E estivemos na biblioteca traballando co PORTAL DAS PALABRAS, unha iniciativa da RAG e a Fundación Barrié. Empregamos os IPADS e os ordenadores para buscar información, comapartila e poder participar dunha actividade de escritura creativa.



Unha palabra, un diamante consiste en coller a palabra do día, que sae publicada  no portal e  construír un poema diamante con ela. A palabra de hoxe era nailon. Un pouco difícil para nós, pero gustounos porque descubrimos de onde procede. Ti sabes???


Pois ven de xuntar as iniciais de dúas cidades moi importantes!! "Nova York" e "Londres".

 Grazas ao PROXECTO COLABORATIVO de ESCRITURA CREATIVA no que participamos PALABRAS AZUIS, descubrimos cal é a estrutura dun  POEMA DIAMANTE.

O poema diamante é un poema de versos asonantes que, escritos e centrando a súa alineación, ten forma de diamante.



POSIBLE ESTRUTURA

NOME
DOUS ADXECTIVOS
FRASE        OU        ORACIÓN
DOUS NOMES
VERBO


Nailon 

branco, azul

lévano os  xogadores de fútbol

medias, camiseta

suar

E aqui tedes outros DIAMANTES que apareceron pola nosa biblio...







E xa temos os primeiros  POEMAS DIAMANTES. Están realizados coa APP NOTEGRAPHY e editados en NOTABILITY. Logo capturamos a imaxe e listo!!





Estupendo e creativo traballo!!! PARABÉNS




No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada