lunes, 16 de diciembre de 2013

PROXECTO EN MARCHA... PROGRAMAMOS???

  
É importante para todos os nenos aprender a escribir? Despois de todo,…son poucos os nenos que medran e se converten en xornalistas, novelistas ou escritores profesionais. Por que debemos aprender a escribir, daquela?

A xente escribe ao longo de toda a súa vida e faino para enviar mensaxes, para felicitar, para facer listas da compra, para solicitar unha axuda,…O acto de escribir permite organizar, filtrar e reflexionar sobre as ideas propias. Está claro que hai razóns moi poderosas para aprender a escribir.
Aprender a programar é unha extensión da escritura. A capacidade de “codificar” permite “escribir” novos tipos de cousas: historias interactivas, xogos, animacións e simulacións. E do mesmo xeito que na escritura tradicional, hai fortes razóns para que o alumnado desde os 8 anos aprenda a “codificar”.

Cada época require  e precisa novas e diferentes habilidades. Ao longo do tempo, en lugares diferentes ensinamos aos nosos fillos diferentes áreas, oficios, etc. Na sociedade na que vivimos, o mundo,  está en continua transformación e moitas das cousas que antes facíamos con lápis e papel, podemos agora facelo a través das novas tecnoloxías.

“Realmente non é moi diferente de tocar un instrumento ou aprender un deporte”.

Drew Houston
creador de Dropbox


Pero...que é o que facemos cando programamos?

A programación estimula a lóxica e supón unha iniciación á resolución de problemas. O alumnado aprenderá como dividir os problemas en pequenos obxectivos concretos e asequibles e terá que imaxinar a secuencia de procesos que se requiren para unha tarefa e globalizar a situación. É importante que saiban imaxinar como solucionar un problema, pero o máis importante e que saiban convertir esa “idea” en algo concreto, é dicir, nun código que funciona.


Nunha sociedade dixital e tecnolóxica, o dominio de áreas como a programación convértese en compoñente fundamental do proceso de aprendizaxe, xa que é unha habilidade que pode afectar a todas as áreas do coñecemento.

Hai que usar a tecnoloxía: ipad, ordenador para resolver problemas, o que os anglosaxóns chaman ”computational thinking”. Porque o debate é : Somos creadores dixitais ou consumidores de contidos?

Este é verdadeiramente o obxectivo que nós nos propoñemos con este proxecto: SER CREADORES DIXITAIS e para iso imos empregar unha app que xa nos ten "enganchados": HOPSCOTCH
     
 






E agora queredes ver algún dos nosos proxectos. Se tes IPAD ábreos na app e ... esperamos que che gusten!!! 

Estas son as primeiras figuras xeométricas, Ao principio custounos un pouco iso de mover, xirar, mover, escalar, ... pero agora xa estamos polo bo camiño. Estanos resultando moi proveitoso para matemáticas pois estamos aprendendo os ángulos, os polígonos,  as coordenadas,... e moito máis case sen darnos conta.
Estas que ves son as figuras xeométricas de Uxía Vecino. Quedaronlle xenial!! A que si?



Queres ver algún dos bloques que empregou Uxía para conseguir estas figuras? Mira, mira...


E agora se tes IPAD podes premer na imaxe e poderás descargar o proxecto. 



Pero como estamos no tempo de nadal, Teo adícanos unha postal de felicitación. Foi un pouco difícil  ao principio, pero...ao final pagou a pena. Foi todo un descubrimento o teclado EMOJI. Encantounos. 


E agora PREME na imaxe inferior se queres abrir o proxecto no IPAD

 POSTAL DE NADAL. TEO


Pouco a pouco iremosche amosando máis creacións nosas. Polo de agora desexámosche un BO NADAL e FELIZ ANINOVO!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario