miércoles, 13 de noviembre de 2013

SIIIII!! POR FIN, HOXE FOI O NOSO PRIMEIRO DÍA DE IPADS

A PRIMEIRA EXPERIENCIA COS IPADS... ESTUPENDA!!!





Pois hoxe, 13 de novembro de 2013 comezamos a usar os IPADS en terceiro!! A verdade é que todos estabamos un pouco nervosos!! A profe explicou as normas na primeira sesión, falamos dos nosos obxectivos a curto e longo prazo, preguntamos dúbidas, inquedanzas e moitas, moitas cousas.
O primeiro que fixemos foi coñecer un pouco mellor o ipad por fora e... logo a profe dixo que PODÍAMOS ENCENDER!!!


Ao encender, vimos as aplicacións e fixemos un rápido paseo por todas as carpetas que tiñamos na primeira pantalla. Foi incríble!! 


Unha que nos gustou moito foi BLACKBOARD, Con ela  poidemos debuxar con xiz de cores nun encerado parecido ao que temos na clase!! Despois borramos coa esponxa.



Tamén vimos que estaba DAISY, the DINOUSAR!! Alegrámonos un montón porque nos encanta desde que teacher AURORA nola presentou!! Serve para empezar a programar. 



Despois, aprendemos a sacar fotos coa cámara. Logo gardámolas  e creamos un cartafol persoal para gardar ali todas as nosas fotos.



Finalmente, fixemos unha descripción do nos@ compañeir@!! Non tivemos moito tempo a revisalas pero aquí vos vai unha mostra do noso traballo. A aplicación que empregamos foi PAGES.







AQUÍ ESTAMOS TOD@S COA TAREFA...











No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada