jueves, 31 de octubre de 2013

SAMAÍN 2013. GRAZAS FAMILIAS!!!

SAMAÍN 2013. 



Pouco a pouco poderás ir vendo o ben que o pasamos este mércores na escola. Celebrabamos o SAMAÍN e ademais de facer moitas actividades, contos, poesías,... ver videos, escoitar historias medorentas,... organizamos unha EXPOSICIÓN DE CABAZAS  e outra de  COMIDAS DE MEDO. 


Estas son algunhas das nosas cabazas.


As comidas de medo foron terroríficas. Todos os mestr@es de terceiro queremos agradecer ás familias dos nosos alumnos a súa colaboración. MOITAS GRAZAS, polo esforzo á hora de tallar as cabazas e tamén polas magníficas comidas que nos achegastes.



Vaia derroche de imaxinación!!! Superada con creces a nosa expectativa. FORON XENIAIS e ESTABA TODO BOÍSIMO!!!

Podes ver aqui a cantidade de pratos e receitas diferentes que tivemos a oportunidade de degustar:
Fígados ensanguentados
Ataúdes de biscoito
Tortas de cabaza
Uñas de demo
Arañas carnívoras....

MIRA, MIRA...




E AQUÍ ESTAMOS NÓS COAS NOSAS CABAZAS!!!


   




   





 




 




























No hay comentarios:

Publicar un comentario