martes, 8 de octubre de 2013

PREPARÁNDONOS PARA O SAMAÍN 2013



A noite do 31 de outubro comezaba o aninovo celta. Nesta noite as ánimas dos finados voltan visitar as  súas familias e as súas vellas casas para  quentarense ao carón do lume e comer dos
alimentos que con agarimo lles teñen preparados  os parentes.


O cristianismo, adoptando o ano novo dos celtas  e a súa festa á honra dos mortos, designaría o 
primeiro de novembro como día de Todos os  Santos, e no século XII, ao día seguinte como día 
de Defuntos. 


Chega o outono. Tempo de castañas, noces, vento, follas secas e días escuros. É o tempo de recoller o maínzo e as cabazas. É tamén o tempo en que a rapazada fai as caveiras na cortiza das cabazas, seguindo unha antiga tradición dos tempos dos celtas.

Os celtas foron uns antigos habitantes de Galicia.
Un dos seus costumes era poñer unha luz acesa
dentro das caveiras dos inimigos mortos. Xa hai
moitos séculos que tal costume se perdeu, máis
hoxe en día aínda fica a tradición de tallar unha
caveira na cortiza dos melóns e poñer no seu
interior unha candea que escentile pola noite.



Os celtas, antigos habitantes de terras galegas,  tiñan un grande respecto polos mortos. Nas  súas caveiras poñían unha candea para que,  ao escentilar pola noite, puxera medo no corazón da xente.
Tal cousa facíana ao chegar os tempos escuros do ano, que ao andar o tempo,  foise transformando na festa dos defuntos.




Hoxe en día xa non se practican tales crenzas, máis ao longo do tempo mantívose un  costume derivado destas: tallar caveiras na cortiza das cabazas e alumealas cunha
candea no seu interior.



A LENDA DA CABAZA

Fai moito tempo, nun pequeno pobo irlandés había un monxe chamado Jack. Jack, segundo algunhas lendas, era un tipo alto e delgado, que lle gustaba gastar bromas e facer maldades. Pero era un home astuto, e tanto o cría el, que ata fixo un pacto co demo. O pacto, contan, consistía en que o demo non o deixaría ir ao inferno se Jack facía o mal na terra. E así foi. 

Pero Jack era mortal, e como a todos os mortais chegoulle a súa hora. No ceo non o deixaron entrar, non podían deixar entrar a un ser tan malo, e claro no inferno o diaño cumpriu o seu parte e non lle deixou pasar, pero deu a Jack unha lanterna, unha peculiar lanterna en compensación por todo o mal causado. Esta lanterna consistía nun nabo oco cun carbón que sería incandescente por sempre. E desde entón cóntase que Jack (coñecido por Jack of the Lantern, Jack da lanterna) deambula polo mundo coa súa lanterna en busca dun lugar onde descansar.

Existe outra variante da lenda na que Jack fixo unha broma ao dia ño; fíxolle rubir por unha árbore seca e quedou encerrado no seu tronco. A cambio da súa liberdade, o diaño teríalle que deixar de tentar coa bebida. E claro, como fora unha persoa que fixera malas accións, e como o diaño en vinganza pola broma non lle deixou entrar, quedou por "aí", vagando eternamente coa súa lanterna.

A lanterna era a base de nabo, entón... de onde vén a cabaza? Cando chegaron os primeiros colonos ingleses e irlandeses, tiñan a tradición do nabo, pero se atoparon coa cabaza. Esta ofrecía mellores características que o nabo: en primeiro lugar é máis grande que un nabo e pódese introducir unha vela, dando máis luz; en segundo lugar proporciona máis alimento; e en terceiro lugar é máis vistosa.

Existe tamén a lenda que se recorta a cabaza en forma de monstro e acéndese unha vela dentro para que Jack, Jack o da Lanterna, non se achegue a esa casa, empuñando a súa eterna luz para ver nas tebras...

E AGORA QUE XA SABEMOS UN POUCO MÁIS, UN POUQUIÑO DE DIVERSIÓN!!!

AQUI tedes o conto de  FIZ, O COLECCIONISTA DE MEDOS



E agora a estupenda  versión realizada coa técnica de STOP MOTION dos alumnos do CPI dos DICES


POR SI AÍNDA CHE QUEDARON GAÑAS DE MÁIS CONTOS DE MEDO, AQUÍ TES...
A BRUXA REGAÑADENTES!!!


OUTRO CONTO, ESTE É MOI COÑECIDO PERO NUNHA VERSIÓN NOVA...



CORRE, CORRE CABACIÑA...



PARA PASAR UN ANACO CANTANDO E TUMBANDO , ESCOITA...






PARA IMPRIMIR E COLOREAR...

SAMAÍN

SAMAÍN 2

SAMAÍN 3

SAMAÍN 4

CABAZAS

CABAZAS 2

HALLOWEEN COLOR

BRUXAS



MANUALIDADES SAMAÍN

MANUALIDADES

MANUALIDADES 2

MANUALIDADES 3

GRILANDAS MONSTROS

MORCEGOS PARA IMPRIMIR

PANTASMAS

MORCEGOS DE CARTÓN

BRUXIÑAS 

PANTASMAS CON FOLLAS


LETRAS TERRORÍFICAS

LETRAS


RECEITAS MONSTRUOSAS


RECEITAS HALLOWEEN

MOITAS RECEITAS DE MEDO

GALLETAS ARAÑA

MAZÁS CON SORPRESA

DEDOS DE BRUXA

PIZZA "PANTASMA"

MÁIS PIZZA  TERRORÍFICA



DECORACIÓNS SAMAÍN

PORTAS 

MURAIS E CADROS CON PEGADAS



E PARA ESTAR INFORMADOS...


O SAMAÍN: información elaborada polo CEIP de PALMEIRA

O SAMAÍN: Vieiros da escola

                                                  AS CABAZAS: Wikipedia








2 comentarios:

  1. Que entrada máis completa! Traballarémola en clase. Ben, o que poidamos pois implicaría dedicarlle bastante tempo. Grazas por compartir.

    ResponderEliminar
  2. É verdade!! Pero na variedade está o gusto, non? e cada un adapta e selecciona o que precisa. Grazas a ti por seguirnos.

    ResponderEliminar