martes, 22 de octubre de 2013

ESTAMOS A PREPARAR A FESTA DO SAMAÍN!!!




A vindeira  semana imos celebrar o Samaín organizando unha exposición de cabazas e  outra de comidas de medo!!!. ADEMAIS....  despois do tempo de lecer, FAREMOS a  degustación desas COMIDAS DE MEDO!!!

Ahhh!!! Poderemos vir disfrazados de acordo coa ocasión. jeje.


EXPOSICIÓN DE CABAZAS: 
Se queres partcicipar trae a túa cabaza baleira e decorada como queiras para a exposición. O día de traer  a cabaza é o LUNS 28 de OUTUBRO. Poderás levala para a casa o mércores ao acabar a escola, e poñela na porta ou na fiestra para continuar coa tradición do Samaín. 


COMIDAS DE MEDO: 
Se queres participar, trae a túa COMIDA DE MEDO o mércores 30 de OUTUBRO pola mañá, cando veñas á escola. As profes, colócarana na exposición e despois do recreo....Mmmmmm.


 Para ir abrindo boca deixámosvos  algunhas das mostruosas pero riquísimas comidas que trouxeron os nenos e nenas do curso pasado.
















Agardamos poder degustar unhas comidas terroríficamente apetecibles, e contamos coa colaboración das familias para poder levar a cabo esta degustación!!!


ALGUNHAS IDEAS PARA DISFRAZARSE. PINCHA AQUÍ, SE QUERES SABER MÁIS





No hay comentarios:

Publicar un comentario