miércoles, 30 de octubre de 2013

CONCURSO DE CONTOS SOBRE CIENCIA

A CIENCIA QUE CONTA

CONCURSO DE RELATO CURTO SOBRE CIENCIA. 
PICA NA IMAXE PARA VER AS BASES E OS RELATOS DOUTROS ANOS

http://www.cienciaqueconta.com/normas-do-concurso/

SE QUERES PARTICIPAR, TRAE O TEU CONTO ORIXINAL Á CLASE ANTES DO 11 DE NOVEMBRO. XA SABES:

  • PREFERIBLEMENTE  ESCRITO A ORDENADOR
  • QUE OCUPE MÍNIMO UNHA E MÁXIMO TRES PÁXINAS
  • QUE O TEMA SE AXEITE ÁS BASES


AQUÍ TES UN RESUME DA INFORMACIÓN...

TEMAS DOS CONTOS:

Non pretenden ser relatos de ciencia ficción, nin artigos sobre ciencia,  nin meras descricións. Procúrase que –en función da idade-se desenvolva un relato curto ou conto a partir dun aspecto científico puntual ou da observación dalgún fenómeno ou experimento simple. 

Valorarase sobre todo a calidade do traballo e o acerto no contido científico.

Os temas a desenvolver nos relatos poderían ter como punto de partida:
  • Historias de Ciencia: como se inventou algo, como se solucionou algún problema que había na sociedade utilizando a ciencia, un descubrimento, etc.
  • Traballo no laboratorio ou científico: cousas que pasan nun laboratorio, no traballo dun científico ou científica, nas exploracións da natureza, etc.
  • Experiencias: ficcións arredor de experiencias simples (ou caseiras), observacións da nosa vida cotiá (na rúa, na cociña, na praia, na festa, nas atraccións de feira, etc.).
  • Científicos e científicas: baseado en algún persoeiro científico, algún detalle da súa vida, algunha anécdota, como fixo algún descubrimento, como se lle ocurriu ou elaborou algunha teoría ou lei. Non debe ser unha mera descrición da súa vida. Valoraranse relatos que inclúan mulleres como protagonistas ou arredor de historias de mulleres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario