jueves, 3 de abril de 2014

UN ARTISTA NA ESCOLA. MÚSICA EN VIVO E...POESÍA


Begoña Codesal Patiño
@Bcodesal
Educación Primaria
Tipoloxía textual: poesía




UN ARTISTA NA ESCOLA. 

Música en vivo e…poesía!
Resumo da experiencia levada a cabo no curso 2012-2013 no 2º ciclo de primaria do CEIP PONTE DOS BROZOS. Experiencia piloto patrocinada pola Fundación Barrié. EducaBarrié.




DESCRICIÓN

Xa nos tempos antigos, os gregos utilizaron esa unión máxica, creando as súas composicións musicais sobre a base de composicións escritas ou contadas de recoñecido prestixio. A un  esquema musical engadíanse diversas poesías  ou se alteraba o seu ritmo para crear novas composicións.
Esta sutil  unión  recoñece a importancia de traballar a poesía e a música desde a educación infantil para desenvolver o sentido do oído, o ritmo, a creatividade, a vocalización, a imaxinación e para  fomentar a socialización e o traballo en equipo.
Nós,  grazas a educaBarrié (canal educativo da Fundación Barrié), poidemos ter a un artista na escola para ensinarnos a compoñer poesías dun xeito moi orixinal. Esta é a nosa proposta.

OBXECTIVOS

  • Expresar sentimentos e emocións a través das poesías.
  • Diferenciar as características propias dunha poesía: versos, estrofas, rima.
  • Identificar e usar os símiles, as metáforas e simbolismos propios das poesías e as cancións.
  • Usar a pronunciación e entoación propias das poesías.
  • Ampliar o léxico e o vocabulario.

DESENVOLVEMENTO


Preparados…

Presentación do artista e demostración do concepto de "loop". O artista vai cantar unha canción (A saia da Carolina), mostrando unha versión diferente dunha canción popular coñecida por todos os alumnos, e que repetidamente usa a "técnica loop".
Loop:  é un  anglicismo, pode ser traducido como "bucle" en galego. É unha sección curta (entre 1 e 4 compases de lonxitude),  creada para repetirse. Estas sesións son gravadas ou reproducidas conectadas en secuencia, unha tras outra dando un sentido de continuidade.

Listos…


  •  Empezaría a soar a canción do artista  a través dun reprodutor. coñecemos ao artista, que canción é …? Como é? Que aspecto ten?
  •  Soa a mesma canción na aula. Non o vemos pero está aquí. Estaría detrás dunha cortina ou dun moble.
  • Xurde tocando a canción.
Escoitamos atentamente e fixámonos no artista. Contemplámolo en vivo e en directo. Ollamos  a súa expresión, as súas mans o seu corpo e todo este conxunto sitúanos nas emocións, non só transmitidas pola súa música, senón tamén pola súa persoa en conxunto.
_Cal é a súa intención ao cantar? E ao tocar o instrumento? Para que serven os loops?

  Acción…

Escollemos a emoción. Nunha sesión só nos dá tempo para traballar dúas emocións. Propoñemos unha lista de emocións: o amor, a rabia, o medo, a serenidade, o desprezo, a compaixón, o heroísmo, noxo, sorpresa, ou calquera outra. Que sensación queremos comunicar?, a quen a diriximos?, para que o facemos….? Chegamos a un acordo de grupo.

 Neste caso, sae o rabia, por exemplo.  Preguntamos:

_Que pensas cando digo "rabia"?

_Por exemplo: neno, fútbol, enfado, inimigo, loita, anoxo, choro, raios,  vermello, chinchar, perrencha, rabiar ...

Imos anotando as palabras e combinándoas con outras para formar versos.

Podemos  crear varios grupos que van construíndo un pareado usando as palabras pactadas.

Cada grupo prepara unha rima e en grupo  créase unha composición.

Léese soa  e sen intención.

Recítase con intención e emoción.

O artista pon música ao poema e entre todos o cantamos.  Acompañámonos  con instrumentos naturais (co propio corpo)ou obxectos do aula que poidan servir para levar o ritmo.

PARA REMATAR

Se queres ver como nos quedaron as poesías da IRA ou da LEDICIA non tes máis que entrar nos seguintes documentos. Agardamos que che gusten!!! A nós encantounos a experiencia de educaBarrié e estamos desexando volver a repetila neste curso.






3 comentarios:

  1. Magnífico Proxecto e incrible o traballo que realizastes. Comezades dándoo todo. Moitas felicidades e feliz curso!

    ResponderEliminar
  2. Magnífico Proxecto e incrible o traballo que realizastes. Comezades dándoo todo. Moitas felicidades e feliz curso!

    ResponderEliminar
  3. GRAZAS DOLORES!! Moitas grazas polos teus ánimos e polas palabras que sempre nos adicas. Desexámosche un moi feliz curso a ti tamén!!

    ResponderEliminar