domingo, 9 de septiembre de 2012


ACABAMOS DE RECIBIR UN ESTUPENDO AGASALLO!!!

Moitas grazas a Dolores que desde o seu BLOG: ESPELLO DA NOSA CLASE- COMPAÑÍA DE MARÍA, 2º CICLO en FERROL nos acaba de conceder esa gran recompensa. E digo gran, porque o noso Blog facémolo todos, os nenos e nenas de 4º B e de 4º D do Ceip Ponte dos Brozos, as familias e tod@s aqueles que nos ledes e que nos axudades a mellorar ou nos animades a seguir por este camiño da vida e da educación.


Este simbólico premio  concédese a blogs, de menos de douscentos seguidores, que merezan un recoñecemento pola súa esencia e contido. É unha grande honra recibilo!

Todos os premios teñen as súas condicións que neste caso son:
   - Ser seguidor do blog que cho regalou.
  - Pasalo a tres blogs dos que hai que ser seguidor. 
  - Facer un comentario nos blogs que nomeaches para que se decaten do premio.

Os blogs que me inspiran son os seguintes:

   - Ao blog BÓTAME UNHA MAN

   - Ao blog  CLASE DE LOS CIEMPIÉS

   - Ao blog ANAQUIÑOS E XOANIÑAS

Saúdos para tod@s e moitísimas grazas a Dolores!