martes, 12 de junio de 2012

CONTACONTIC


CONTANDO CONTOS A TRAVÉS DAS TICS

Durante este curso 2011/ 2012 desenvolvemos un proxecto cuxo obxectivo principal era fomentar a expresión oral e escrita en galego. 
Pouco a pouco iremosvos contando como o fixemos:


No primeiro trimestre fixemos unha selección de contos e os nosos alumnos e alumnas escolleron un para contalo. Fixemos moitas probas, cambiamos de contos, trouxeron contos da casa, da biblio,... Ao final tod@s tivemos un para contar.

Ao mesmo tempo comenzamos a facer as nosas adaptacións porque queríamos ter un conto para cada un, ...Mirade como empezamos...




Logo descubrimos un programa magnífico para editar videos. Comezamos a usalo pero para iso había que  escoller e debuxar cinco momentos representativos do noso conto. Aprendemos a debuxar exteriores, interiores, a colorear con pinturas de madeira, a perfilar, etc...

Aqui tedes as ilustracións que fixo Noa de 3º B para o seu conto: O PITO CAIRO. A que lle quedaron chulísimas???






AQUÍ TES  UNHAS IMAXES DA ADAPTACIÓN DE 3º D DOS TRES CHIBOS CHIBÓNS







Despois de facer as ilustracións, editamos os videos e logo subímolos a unha conta de you tube. Se queres velos podes premer nas imaxes e verás que artistas contando contos!!!


PINCHA NESTA IMAXE E VERÁS QUE BEN COTAMOS OS CONTOS EN 3º B


PINCHA NESTA IMAXE E VERÁS QUE BEN CONTAMOS  OS CONTOS  EN 3º D





Neste terceiro trimestre tamén aprendemos o que é a REALIDADE AUMENTADA e o que son os CÓDIGOS QR 


Os códigos QR  creánse nunha páxina web gratuíta e poden xenerarse a partir dun texto, dun video, dunha URL ,... Nós, está claro, creámolos a partir dos videos dos contacontos. Estes son algúns deles.


No terceiro trimestre rematamos as portadas para os nosos contos. Fixemolas con caixas de cereais,  papel de cociña e cola. Demos tres capas polo menos de papel e deixamos secar. Logo pintamos con acrílicos e o resultado é este. A ver que che parece???







Para chegar a isto  mira todo o que tivemos que facer...


E este foi o resultado...

Logo pegamos os códigos QR ás portadas e xa quedaron listos os libros para poder desfrutar dos contacontos,  das lecturas e  das ilustracións!




A continuación dixitalizamos todas as ilustracións e subímolas a Calameo . Desde alí ou desde a nosa biblioteca dixital podes atopar moitas lecturas interesantes.


ESTA FOI UNHA DAS NOSAS PRIMEIRAS PUBLICACIÓNS: OS TRES CHIBOS CHIBÓNS





E ESTA É A NOSA BIBLIOTECA DIXITAL!!
PINCHA E VERAS...



Pero o noso traballo non remata aquí. Grazas ao Blog recibimos un comentario no que nos propoñían colaborar no PROXECTO KUENTALIBROS.

Para participar cada alumno/a debía elaborar unha ficha de lectura dun libro cos seguintes datos:

  • nome da persoa que recomenda, idade, colexio
  • título, autores
  • breve resumo
  • razóns polas que recomendo o libro/ conto.
Fixemos moitas recomendacións e se queres podes ver algunha delas no BLOG DE KUENTALIBROS


Gustáronnos tanto os contos que nos puxemos a escribir! Para facelo empregamos tanto o papel como Google Docs. Seguimos unhas pautas para escribir as nosas historias. Algunhas delas foron:
  • Investigamos sobre animais, creamos rimas cos seus nomes e a partir de ahí redactamos a historia. 

  • Creamos contos a partir de un tïtulo:
                  Perdidos na fraga

  • A profe escribe unha oración e hai que inserila dentro do conto. A oración era: 
                      Que fenómeno! Que será aquilo que se move na auga?

  • Partimos dun cadro de arte contemporánea
                           Érase unha vez... a colección!




  • Sacamos tres palabras da caixa máxica das palabras marabillosas e usámolas nos nosos  contos. As palabras que saíron foron: Águia, corazón e bruxa.
E NESTAS ESTAMOS!! Se queres saber máis non deixes de  visitarnos...

AGARDÁMOSTE!!!

6 comentarios:

  1. Noraboa aos nenos e nenas de terceiro B e D , asi como as súas titoras Reme e Begoña, por este inmenso trBallo

    ResponderEliminar
  2. Grazas Xefe pque, jejej, encántanos que despois de tanta faena , as conclusións sexan tan boas e que gustase a tanta xente. Esperamos que este proxecto sirva para todos.
    Un saúdo e moitas graciñas.....

    ResponderEliminar
  3. Parabéns, un traballo boísimo. Hai que ver a sorte que tiveron eses nenos e nenas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas ,a sorte e nosa porque contamos con moita tecnoloxía que nos fai moi doado o noso traballo. Un saúdo

      Eliminar
  4. Noraboa por este bonito proxecto ao alumnado e máis á profesora de 3ºD! Abraiante!

    (a nai de Maruxa)

    ResponderEliminar
  5. Grazas Raquel!! É moi satisfactorio para nós ver que os pais vos interesades e valorades o noso traballo. Estamos moi contentas cos resultados tanto a profe Reme como eu mesma. Os nosos nenos e nenas responderon marabillosamente. Xa poidestes ver hoxe unha boa parte do seu estupendo facer. Seguiremos traballando para acadar novos obxectivos e non pararemos de meternos en novas propostas que contribuan a mellorar o día a día das aulas de 3º/4º B e D. Xunt@s temos un apaixoante camiño que percorrer. Agardamos que o vindeiro curso sexa tan fructífero como este !! Grazas pola vosa colaboración. Vós tamen vos merecedes os parabéns por estar sempre ahí cando as profes vos necesitan!!!

    ResponderEliminar